
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Ames
Parroquia: Ames (San Tomé)
Lugar: Augapesada
Outra denominación do ben: Ponte Romana de Augapesada
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Situada na parroquia de Ames, esta ponte de Augapesada está no trazado do antigo Camiño Real de Santiago a Fisterra. É unha ponte de cantería con arco de medio punto rebaixado. Rasante alombada de trazado curvo e calzada de grandes lousas de pedra. Posúe un van e dous vertedoiros. Nalgúns libros e documentos datan a construción como romana e noutros como medieval.
Permite atravesar o regueiro de Augapesada, que desemboca no Sar. Fito importante no paso da ruta xacobea que vai cara a Fisterra e cun grado de protección integral, no PXOM de Ames non se data a súa cronoloxía, pero algúns traballos sobre itinerarios das vías romanas nomean a Augapesada como un lugar de paso cara as terras noroccidentais de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Franco Maside, Rosa María. La Vía Per loca Marítima. Un estudio sobre vías romanas en la mitad noroccidental de Galicia.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA016.pdf
pax. 7 do pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
A parcelaria,segundo unha veciña, deixouna sen saída. Por este motivo ao entrar na ponte por un lado acabase no cerrado dunha finca, ou seña que non ten paso e está fóra da súa función de antigo paso sobre o rego de Augapesada.
Onde está localizado
Latitude: 42.8894977323Lonxitude: -8.65000605583
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Xosé says:
Abr 1, 2017
É unha arquitectura realmente magnífica. Na miña opinión ten trazos medievais manifestos, pero algúns aspectos do enlousado e do arranque parecen dar lembranzas romanas.
Merecería maior coidado do contorno e un rótulo de identificacion.
É lamentable que o parcelario dazona o teña deixado illado e sen percorrido.
elixiovieites says:
Abr 1, 2017
Completamente de acordo Xosé. O do parcelario non ten perdón, e a día de hoxe pouca solución lle vexo.
Oscar Franco says:
Out 15, 2021
Nova do 14 de outubro de 2021 sobre os traballos de acondicionamento que se están a levar a cabo neste ben:
https://historiadegalicia.gal/2021/10/asi-esta-quedando-a-ponte-de-auga-pesada-orixe-da-batalla-de-altamira/