
Outra fotografía:
Tipo de ben: Industria,
Concello: A Pontenova
Parroquia: A Pontenova
Lugar: A Pontenova
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Os Fornos de A Pontenova amosan o potencial mineiro que tivo a zona a principios do século XX, coa creación no ano 1900 da “Socidad Minera de Vilaoudriz” por Julio Lazúrtegui. Trátase de cinco chemineas troncocónicas de 11 metros de altura por 4 metros de ancho onde se procesaba o mineral ata extraer óxido férrico. Para o seu transporte ata o porto de Ribadeo, construíuse no ano 1902 un ferrocarril que nos seus trinta e catro quilómetros de percorrido tiña catro túneles, catro pontes metálicas e unha de cimentación, e un cargadoiro sobre a ría. Debido a distintas vicisitudes, bélicas primeiro e logo comerciais, pecharon no ano 1964.
Dende hai varios anos, durante as festas patronais, celébrase a “Queima dos Fornos”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.descubrelugo.com/gl/turismo/a-marina-oriental/os-fornos/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.347487849258265Lonxitude: -7.1913135051727295
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 18, 2025
Engado este enlace do 18 de marzo de 2025 que fai referencia a este ben:
https://amarinaxa.com/news/a-sociedad-minera-de-villaodrid-da-pontenova-125-anos-de-historia-e-desenvolvemento/88379/