Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Gondomar
Parroquia: Gondomar (San Bieito)
Lugar: Ripote
Outra denominación do ben: Cruceiro do Adro Vello
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O cruceiro aséntase sobre dous chanzos de sección cadrada e unha base de sección cúbica na que hai unha inscrición ilexible, excepto o ano:1646.
O fuste é monolítico, de forma octogonal, e remata nun colariño.
O capitel, de sección cilíndrica, é de orde xónica con volutas nas súas esquinas.
A cruz é cuadrangular e presenta as arestas rebaixadas e os seus extremos ensanchados.
As súas imaxes están talladas en forma plana. No anverso amósanos unha moi detallada crucifixión de Cristo. No reverso a Virxe sostendo o seu fillo morto. Neste lado tamén aparece un pequeno querubín na parte baixa.

Segundo podemos ler no libro “Historia, Arte e Territorio” (ver referencia bibliográfica): “en tempos aínda non moi afastados celebrábase neste lugar a fogueira de San Xoán, o que, entre outras cousas, favoreceu que sufrise diversos desperfectos. O actual é réplica do orixinal desaparecido.”

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA009.pdf (Páxina 10)
http://valminorarqueologico-etnografico.blogspot.com.es/2007/10/los-cruceros-de-san-benito-de-gondomar.html
https://cruceirosdegalicia.xyz/3602105.html

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio e PÉREZ GONZÁLEZ, María Xosé (2020). Arquitectura de intermediación. Cruceiros e pétos de ánimas. Caderno de Etnografía. Ed: Instituto de Estudos Miñoráns -IEM-.
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA FRAGA, Salvador (2004). Cruceros de VAL MIÑOR y Sta. María de Oia. Ed: Diputación Provincial de Pontevedra.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA FRAGA, Salvador (1995). HISTORIA DA COMARCA DO VAL MIÑOR (Baiona – Nigrán e Gondomar). Ed: AGCE (ASOCIACIÓN GALEGA PARA A CULTURA E A ECOLOXÍA).
SOLIÑO TRONCOSO, Manuel, MOSQUERA VELEIRO, Joé Luis, SOLIÑO TRONCOSO, Alfonso, e SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (1995). Historia, Arte e Territorio. Editorial IR INDO, 1995.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.112299452985
Lonxitude: -8.7579207122326
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84