
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Noia
Parroquia: Noia (San Martiño)
Lugar: Noia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro que está a pouca distancia da Ponte de Traba e no que foi unha importante vía de comunicación cara a Lousame e a ría de Arousa. Non posúe plataforma, ten uns chanzos de cemento, e vai nun pedestal cuadrangular sobre unha base cadrada con chafrán. Fuste octogogonal e rematado en dobre capitel con molduras. A cruz é de sección octogonal cos brazos de remate potenzados e na parte superior a cartela coa palabra INRI, nela vai un Cristo crucificado con coroa de espiñas, coa cabeza caída cara á dereita, e con pano de pureza anoado á dereita. Na outra cara a Virxe María con actitude de oración. Pasa por ser uns dos cruceiros máis antigos de Noia, xunto co da praza do Tapal e o do cemiterio de Santa María A Nova.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.noia.es/pxom/DOCUMENTO_COMPLETO/MEMORIAS/TOMO_V_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf
pax 71 do pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7824290987Lonxitude: -8.88146728277
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84