Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: A praza do Bispo Cesáreo
Outra denominación do ben: Fonte da Praza do Bispo Cesáreo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A praza do Bispo Cesáreo ten planta rectangular e está rodeada duns bonitos e coidados xardíns. No centro ten unha fonte ornamental de pedra que foi traída do Xardín do Posío e que se chamou a fonte do Bosque por estar na zona alta do Xardín Botánico do Posío, “no Bosque”.
Foi moi viaxeira, xa que anteriormente, en 1856, fora traída de Oseira e o seu primeiro emprazamento estivo preto da praza maior nos arredores da catedral, antes de pasar ó Xardín do Posío. O seu traslado produciuse como unha consecuencia da desamortización de 1835 (Mendizábal).
Esta praza axardinada que anteriormente foi a Horta do Concello, atópase xusto enfronte da Alameda do Concello, cruzando a rúa do Progreso. Leva o nome do bispo Cesáreo Rodrigo Rodríguez, o principal impulsor do Seminario Conciliar de San Fernando (hoxe parte do edificio do Bispado), quen mandou amplialo e tomar certas medidas, tanto económicas, como relixiosas e académicas para remediar a decadencia do clero a finais do século XIX.
Atopase mais ou menos onde antes estivo a estatua de Concepción Arenal, hoxe situada na fonte que está fronte ó palacio de xustiza.
Ten tres pratos, ademais do vaso inferior, con decoracion moi coidada no cumio, do que sae a primeira auga, caendo no primeiro prato. Dende este vérquese ao segundo, do que saen catro chorros de auga, cara o terceiro, verquendo este tamén por catro chorros, caendo finalmente no vaso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.panoramio.com/photo/23614685
http://www.panoramio.com/photo/49345143
http://www.panoramio.com/photo/29229535
http://www.panoramio.com/photo/41555175
http://www.ourenses.com/plaza-obispo-cesareo
http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2009/03/fonte-do-bosque-o-posio-anos-50.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.336137381922285
Lonxitude: -7.86546796560287
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84