
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Lugo
Parroquia: Santalla de Bóveda
Lugar: Cabanas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Coñecido tamén como do Recanto e de Cabanas (Fraguas Fraguas, 1962). O nome de Corvazal deullo Nicando Ares (1989). Escavado por García Lomas no ano 1989, constatouse a ausencia de estruturas arquitectónicas no interior, só quedou constancia dun muro de habitación próximo ao parapeito realizado con terra entre lenzos de pedra. Apareceron restos cerámicos, tégula, unha basa de columna, moldes de fundición, unha torta de ouro e muíños circulares. Datado no século I d.C.
O recinto principal ten planta circular, duns 100 metros de diámetro aproximadamente, rodeado por un parapeito, ao que se anexa un antecastro polo lado Sur, tamén defendido cun parapeito destruído pola estrada que o cruza, e un pequeno foxo que o defende polo lado Noroeste.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA27028049
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
No castro existe unha lenda asociada a unha fonte (en realidade un bebedoiro para o gando) que fala dunha galiña e duns pitos que custodian un tesouro.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Enrique Jorge Montenegro Rúa: En Férvedes (2011): Santa Eulalia de Bóveda y el castro de Corvazal: una aproximación al estudio arqueológico de lo próximo”.
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-i.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.98069652849087Lonxitude: -7.694157958030701
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
franjopadin says:
Feb 23, 2013
No catálogo de bens arqueolóxicos do PXOM de Lugo consta como inventariado co nome de Chousa do Castro.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LUGO/documents/27519ca071.pdf (páxinas 97 e 98).
Oscar Franco says:
Dec 31, 2020
Artigo publicado o 25 de decembro de 2020 pola prensa dixital no que se fai referencia á fonte:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2020/12/18/fuente-romana-lugo-olvido/00031608294010212696170.htm#:~:text=Se%20imaginan%20que%20en%20el,de%20Santa%20Eulalia%20de%20B%C3%B3veda.