Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Tui
Parroquia: Randufe (S. María da Guía)
Lugar: Riomuíños-Sarabia.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Á beira do antigo Camiño Real que unía Tui con Baiona, no arrabaldo de Riomuíños e a un nivel inferior ao da rúa actual sitúase este elemento. O seu promotor foi o bispo Sanmillán (1547-1564) e nela colocou o seu brasón, sustituido polo do municipio o 27 de xullo de 1813 con motivo da abolición dos señoríos xurisdiccionais. A actual obra é unha reedificación de 1714.

A fonte está formada por un corpo ou mole cuadrangular coroada por outro corpo piramidal, entre ámbolos dous unha moldura a xeito de cornixa e rematada por catro pináculos nos vértices. No frontal presenta unha lápida con epígrafe e o escudo da cidade e xa na parte inferior os tres canos que saen de cabezas zoomórficas. A fonte centra un pequeno recinto rectangular a inferior nivel do chan polo que se accede mediante escadas e no que o espazo está configurado por outros elementos como mesas, un banco corrido e un rego de desaugue que marca a axialidade do recinto


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

VILA BOTANES. S. “O Tui esquecido”. Tui, 1997. (pp. 89-90)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.048246974478104
Lonxitude: -8.64887684583664
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84