
Outra fotografía:

Tipo de ben: Lavadoiro,
Concello: Tui
Parroquia: Tui (O Sagrario).
Lugar: Riomuíños.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Situado nun entorno periurbano pero que ainda garda certa esencia pretérita, subsiste este elemento da arquitetura popular. A construción data do século XVIII pero as súas orixes posiblemente sexan anteriores.
Este lavadoiro destaca por si mesmo e chama a atención tanto pola súa dimensión coma pola fermosura sinxela da construción. O elemento presenta cubrición a catro augas con tella curva do país, sostida por un entramado de madeira e dúas fileiras de seis piares. Baixo o tellado pasa a canle que deriva do inmediato río Tripes, e presenta lousas de lavado en cada beira.
Ao carón do lavadoiro ubícase a ponte de Riomuíños e a fonte, tamén do século XVIII, que forman entre todas elas un conxunto singular.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.048169295878644Lonxitude: -8.648407459259033
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
franjopadin says:
Feb 23, 2013
O lavadoiro de Riomuíños consta no inventario de bens etnográficos do PXOM de Tui, (nº no catálogo ETT-566).
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA108.pdf