Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Castelo,
Concello: Monterrei
Parroquia: Vilaza
Lugar: Vilaza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Baixomedieval,
Descrición:

Situado no Monte das Chás; coñecido tamén como Monte do Castelo. Pouco queda da antiga construción. Foi erixido no século XII sobre un primitivo castro, durante o reinado de Afonso IX que mesmo chegou a residir nel ocasionalmente. A fortaleza foi utilizada para a defensa do Támega, preferíndoo ao emprazamento do despois poderoso castelo de Monterrei, feito debido, probablemente, á oposición do mosteiro de Celanova, o seu propietario, a permitir no lugar calquera tipo de construción. No ano 1217, o rei entregoullo ás súas fillas Sancha e Dulce en concepto de dote.
Pola documentación sábese que no ano 1292, por presións do mosteiro de Celanova, o rei Sancho IV ordenou a Pay Méndez que non volvese a molestar aos veciños dos coutos de Pazos, Verín e Mixós para traballar nunhas obras que se estaban a realizar no castelo xa que endexamais estiveran suxeitos a tales obrigas.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://historiamonterrei.blogspot.com.es/2011_11_01_archive.html
http://axaneladebaronceli.blogspot.com.es/2010/10/castelos-e-pazos-do-concello-de_24.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.91860331716581
Lonxitude: -7.4864959716796875
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84