Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións políticas (concellos...),
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Rúa de Durán Loriga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

É un edificio de planta rectangular exenta, con catro fachadas, sendo a principal a que se abre á rúa Durán Loriga. Construído con cantería granítica como corresponde á nobreza dunha arquitectura de carácter institucional.
Álzase sobre unha base formada polo soto, onde se aloxa a cámara acorazada e que eleva a planta baixa, polo que se fai necesaria unha escalinata para acceder ó vestíbulo e planta baixa. Ten outros dous andares, destinados a vivendas e remátase con catro pavillóns nos ángulos, con cubertas de cinc.
A fachada divídese en tres corpos; enmarcados por pilastras dóricas con estrías no sumoscapo. Estas pilastras, que enmarcan o campo lateral, sosteñen un entaboamento liso rematado por frontóns triangulares nas esquinas.
Todo o edificio é sobrio na súa decoración, que prima a importancia dos materiais na súa construcción: perpiaños de granito de esteoromía perfecta, reixas de ferro forxado nos vans da planta baixa, mármores e madeiras nobres no interior. Puro eclecticismo clasicista propio de edificios da Administración.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña». Vol. VI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.367500717100214
Lonxitude: -8.40579628944397
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84