
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Paradela
Parroquia: Castro de Rei de Lemos
Lugar: Mosteirovello
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
O topónimo fai alusión ao mosteiro que os beneditinos levantaron no lugar no século X, vencellado ao de Carracedo (O Bierzo). No século XII trasládase á beira do río Loio, constituíndose en abadía do Císter. Logo converteuse en priorado dependente do mosteiro de Montederramo ata a exclaustración de Mendizábal.
Da primitiva igrexa só se conserva a ábsida románica e parte dos muros (séculos XII-XIII) que se construiría sobre outra máis antiga tal como o revela o capitel prerrománico que hai no interior. A ábsida, semicircular, está decorada ao exterior con columnas encostadas, e con canzorriños na cornixa. O resto do edificio é do século XVIII, cunha soa nave cuberta a dúas augas. O acceso principal está nun lateral, no muro meridional, cunha portada barroca, de concepción sobria, con porta e oco sobre a mesma alintelados, e sobre esta unha espadana de dous corpos separados por molduras, o primeiro con dous ocos baixo arcos de medio punto, e o segundo rematado en frontón. No interior pódense ver pinturas do século XV.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PARADELA/documents/26076CA012.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.71264712142986Lonxitude: -7.57345587015152
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84