Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Rubiá
Parroquia: Oulego (San Miguel)
Lugar: Oulego
Outra denominación do ben: Monte Oulego
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pertencente á Serra da Enciña da Lastra, singular paisaxe galega onde dominan os terreos calcarios e onde se adoitan cortar creando altos e pendentes coma este dos Penedos de Oulego, que fai linde entre o concello de Rubiá en Valdeorras e o de Sobrado no Bierzo. Dende o seu curuto pódese admirar a incríbel panorámica que ofrecen os vales de Valdeorras e a serra da Cabreira berciana coas Médulas aos seus pés.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Escoitei falar que os nenos xogaban ás “espadiñas” no monte, referíndose a posíbeis achados de restos metálicos con forma de espadas perto dos Penedos (talvez restos romanos?). De aí saíu a idea da posibilidade que o Monte Medulio estea situado neste punto, aínda que coido que esta relación non é moi antiga, como moito dos anos 50.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Engado ligazón da Xunta coa delimitación oficial da Serra da Enciña da Lastra e do Monte Oulego: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/OUREN020.jpg


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Non está en perigo grazas á declaración do entorno da Serra da Enciña da Lastra como Parque Natural no ano 2002.


Onde está localizado

Latitude: 42.510988
Lonxitude: -6.919481
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84