
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Tui
Parroquia: Pazos de Reis (O Sagrario)
Lugar: Alto de San Xiao, Forno do carbón.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Época Altomedieval,
Descrición:
A día de hoxe, a orixe da muralla ou fortaleza do Monte Aloia segue sendo en certo modo unha incógnita, pois, tanto a súa función como adscripción cronolóxica presentan lagoas ao non contarmos con datos dabondo (sexan materiais ou literarios) que nos acheguen luz sobre este elemento. A pesares disto, o que queda claro dadas as súas dimensións, de 3 Km de lonxitude, é que a fortaleza do Aloia constitúe un dos principais recintos fortificados en altura de Galicia, ademáis de superar á muralla de Lugo.
As primeiras referencias que nos achegan información son as recollidas por Prudencio Sandoval na súa obra “Antigüedades de la ciudad e iglesia cathedral de Tuy”, publicada en 1610. A partires da descripción de Sandoval e xunto coa obra material conservada, foron varios os autores que intentaron achegala a un momento concreto da historia. Unha das hipóteses que cobrou máis forza (sen afirmar que sexa concluínte e recordando que é unha hipótese) é a idea que identifica ao monte Aloia co mítico Monte Medulio. Un dos autores, e se cadra redescubridor da fortaleza, que nos pode presentar un estudo rigoroso e exhaustivo sobre a mesma é o arquitecto Xaime Garrido Rodríguez. Seguido deste autor, a outra persoa que máis recentemente realizou un amplo estudo foi a arqueóloga Silvia González Soutelo.
A interpretación cronolóxica aínda non está definida, sen embargo a falta de construccións castrexas ou evidencias de asedio desbotan que fose un castro ou o lexendario Monte Medulio, e en tanto, todo apunta a unha construcción ubicada temporalmente no contexto de colapso do Imperio Romano e as invasións bárbaras (ss. V-VIII d. C.).
A muralla circunda o cumio do Monte Aloia, nun lugar onde se divisa un amplo panorama visual que acada desde as costas de Vigo, A Guarda, o val do Louro e a faixa ribereña de Portugal. Asimesmo, aséntase nun lugar con mananciais de auga e no que foi posible empregar a complicada orografía como defensa natural. Morfolóxicamente, a fortaleza divídese en dous recintos, e segundo o estudo de Garrido, o perímetro consta dunha lonxitude de 3.200 metros, dos que 2.250 pertencen ao recinto principal e 950 ao segundo recinto. A superficie que engloba a muralla é de 30 Ha, correspondéndose 22 para o primeiro recinto e 8 para o segundo. A súa construcción é a base de granito disposto en cachotería ou mediante grandes bloques ciclópeos. O espesor dos muros oscila entre 2,40 e os 3,70 metros a súa altura non sería estimable ao non se conservaren intactos os paramentos pero nos tramos mellor conservados chega até os 3 metros.
Un dos condicionamentos que se atoparon os constructores da muralla foi o escarpado terreo. Esta situación en certo modo foi propicia xa que se puideron aproveitar como atalaias ou torreóns os peñascos máis elevados. Asimesmo, parece que o perímetro contou con torres feitas ex professo que estarían situadas na cara oeste. En canto aos lugares de acceso ao recinto, parece que tivo unha das porta estaría baixo o que hoxe é o Mirador do viveiro ou da ponte.
Dentro do recinto, cómpre mencionar a existencia de restos conservados doutras construccións. Trátase de catro pequenas edificacións construídas mediante grandes bloques pétreos dispostos verticalmente e formando rectángulos. Sobre estas construccións aínda non se atopou información que desvelase a súa función, pero hai hipóteses que apuntan a que servisen para gardar o gado.
Xunto coa cronoloxía, a outra incógnita é desvelar a súa utilidade. A que obedecía unha construcción desas dimensións? O que queda claro e que tivo que ser algún povo numeroso e perfectamente organizado e coa pretensión de establecerse de forma sedentaria co seu gado nun lugar seguro e con abundante auga. C. Parcero considera que puidese ser un lugar de culto pagán que foi cristianizado, lembremos que no interior atópase a capela ou a cama de San Xiao. Xunto co problema do seu posible uso xorde a pregunta sobre a súa defensa. E é, que a pesares de que o enclave sexa propicio para a defensa, as dimensións farían complicada a labor de control do recinto. O que si está claro é que este recinto constituíu un refuxio para as xentes de Tui durante distintas etapas da historia na que o lugar foi asediado.
Para concluir, Xaime Garrido establece unha serie de paralelismos con obras de características similares na súa contorna xeográfica. Trátanse da Fortaleza do Monte Galiñeiro (Gondomar) e a acrópole do Faro de Budiño (Porriño).
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaComunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36055013. CT/03-ARQUEO/2
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
GARRIDO RODRÍGUEZ,J. “Fortalezas de la antigua provincia de Tuy”. Vigo, 2001. (pp. 15-27)
GONZÁLEZ SOUTELO, S. “O Tui antigo: unha aproximación histórica-arqueolóxica”. Noia, 2007. (pp. 152-168)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA101.pdf (ficha 2)
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/03/07/o-monte-aloia-un-enigma-amurallado-de-3200-metros/
http://maps.google.com/maps/ms?hl=en&ie=UTF8&oe=UTF8&msa=0&msid=106949977690228483708.000462791fccd4b5d6189&t=h&ll=42.084958,-8.679864&spn=0.01274,0.021458&z=15&source=embed
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.08671806921114Lonxitude: -8.679671287536621
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84