Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Baña
Parroquia: Lañas (Santa Baia)
Lugar: Castro, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro aproveitaba unha elevación do terreo entre a aldea de Castro e o leito do río Portoalegre que o delimita pola banda do levante pero a unha altitude considerable menor con respecto ao chan da acrópole. A dedicación das terras a labores agrícolas, sobre todo herbais, deixárono nun pésimo estado, de tal xeito que máis acertadamente pódese falar dun asentamento aniquilado e completamente desaparecido . Só conserva certa morfoloxía castrexa, folclore e lendas, ademais do nome no topónimo da aldea. A ficha do pxom do concello da Baña apunta a unha posible conservación dos niveis habitacionais, pois non está totalmente construída a superfice que ocupa.
No entorno do castro atopáronse tres estelas funerarias romanas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15007015
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrafoxo, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra. Ed, Sementeira, 1992 ISBN 84-87848-02-8
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ABANA/documents/0054CA003.pdf (páx .1 Relación de Bens Arqueolóxicos de A Baña )
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ABANA/documents/0054CA009.pdf
(5 de 10, ficha do castro)
Sobre as estelas romanas
http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2374&pagina=25


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9622642236
Lonxitude: -8.69784593582
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84