Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Abadín
Parroquia: Abadín (Santa María)
Lugar: A Torre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Situada sobre un altorelo, trátase dunha igrexa de orixe románica da primeira metade do século XII. A capela data do século XVI. A sancristía é posterior. De planta rectantagular, ten os muros de cadeirado de granito. Salienta a fachada cun arco de medio punto con doveas e un rosetón elaborado nun só bloque de pedra. A espadana, dun corpo, ten dous vans. Nos laterais pódense ver varios escudos. No interior destaca a capela maior con arco triunfal de medio punto sobre columnas. O retábulo maior é renacentista e os retábulos laterais son máis modernos. No pavimento consérvanse dúas laudas sepulcrais. No adro vese unha cruz florenzada coas figuras de Cristo e da Piedade.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA002.pdf
pax 1
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3627077469Lonxitude: -7.49003648758
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Mar 4, 2013
Engado, coma información complementaria, o enlace ao inventario das Normas Complementarias e Subsidiarias provinciais:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA002.pdf