Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Gondomar
Parroquia: Borreiros (San Martiño) / Donas (Santa Baia)
Lugar: Monte As Pinceiras / Barrio Barcalla
Outra denominación do ben: A Pedra Moura
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro de Pena Moura ten as súas orixes na Idade de Bronce, desenvolvéndose fundamentalmente na Idade de Ferro e rematando na época da romanización, entre os séculos IX a.X. e I-II d.X.
Consta dunha acrópole no seu lateral sur sobre a que parece que existiu un torreón defensivo e dúas terrazas con pequena pendente que se extende cara ao norte. Conserva a muralla defensiva e un foso co mesmo fin defensivo na cara sur, así como parapetos de terra no seus laterais leste e oeste.
O castro debe o seu nome a un penedo que se atopa no seu interior coñecido como a “Pedra Moura”, ao que se asocian lendas que falan deste ser mítico.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36021055
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No castro atopáronse fragmentos de crisois para a fundición dos metais.
Tamén se atoparon elementos para o adorno persoal, como doas de vidro ou de sementes para colares e colgantes de bronce.
Tradición oral:
No castro existía un túnel que levaba dende o alto deste monte ata o castelo de Baiona, e que era utilizado polos mozos que marchaban a servir na Praza de Armas alí situada ata o século XIX.
Outra lenda fala “dunha muller loira que saía todas as mañás a resollar ao sol, peiteándose cun rico peite de ouro que facía engaiolar a todos os mozos que a vían”. Conforme esta moza se sentía observada, desaparecía e non se volvía ver ata o amencer seguinte.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA001.pdf (Páxina 11)
http://www.galiciamaxica.eu/pontevedra/comarca-de-vigo/gondomar/castro-pedra-moura-barcalla-painceira/
https://www.cousasde.com/o-castro-dos-mouros-un-antigo-universo-a-descubrir-no-val-minor/
BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns
VAL MIÑOR EN VERANO. Semanario turístico. Ano 5 – Nº 8
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0975974884Lonxitude: -8.79874527454
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Visita ao Val Miñor dos socios do MPG | Roteiros galegos says:
Nov 18, 2013
[…] fomos ao o xacemento do Castro da Pedra Moura (Borreiros), desde onde se contempla todo o Val Miñor. Aquí, o arqueólogo Xosé Lois Vilar fixo […]