Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: A Baña
Parroquia: Barro (Santa Mariña)
Lugar: Monte de Santa Mariña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Segundo a información das parroquias do concello da Baña, neste monte situábase unha capela posiblemente levantada en época medieval que serviría para cristianizar antigos ritos pagáns. Segundo a tradición este monte tiña un carácter máxico e sagrado e orientaba os ventos e as choivas. Recibía o nome de Cebreiro, Páramos ou O Barro. Houbo culto na capela ata finais do século XVII e foi derrubado no 1791 por orde do visitador por non poder mantela economicamente e por culpa das inmoralidades que se producían alí o día da romaría. No seu lugar púxose unha cruz, hoxe inexistente, e os bens que tiña a capela foron incorporados a igrexa parroquial de Santa Mariña que agora está situada no lugar de Barro de Arriba ao pé da montaña. O contorno da capela foi explanado e hai un vértice xeodésico, os poucos restos dos muros están esnaquizados e aínda se poden ver pedras labradas, e abundante tella. A vista dende este monte é espectacular. Nunha panorámica de 360 grados podemos ver o Pico Sacro, o Castelo de Portomeiro, o de Castromaior en Fecha, o Monte Iroite, o Tremuzo e o Monte Pindo entre outros.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABANA/documents/0054CA015.pdf
(pax. 4 de 10)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9674616251
Lonxitude: -8.72601985931
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84