Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Gondomar
Parroquia: Mañufe (San Vicente)
Lugar: San Sebastián
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A capela, de modestas proporcións, é de planta rectangular, duns 12,5 metros por 5,5 metros e 87 m2, coa cabeceira orientada cara ao leste.
A porta principal é ampla, cuberta por un arco semicircular apoiado sobre xambas, e conta cunha porta traveseira no lado setentrional. Dispón tamén dunha sinxela espadana. O edificio é de escaso alzado, e foi dotado de grosos muros construídos con enormes bloques graníticos regularizados e cuberta a dúas augas.
Sobre a porta, nunha fornela, hai unha imaxe de San Sebastián, moi deteriorada a causa da erosión. A escultura cae na órbita da arte popular, sendo difícil a súa datación precisa por no apreciarse rasgos estilísticos ou estéticos de releve. De tódolos xeitos, debe tratarse dunha obra dos séculos XVII o XVIII.

A ermida foi fundada por devoción popular. No Arquivo Diocesano de Tui se conservan documentos de entre os anos 1716 e 1957 da confraría radicada neste lugar.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://parroquiamanufe.blogspot.com.es/2009/11/ruta-del-rio-fulon.html

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1021021681
Lonxitude: -8.77846643329
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84