
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Niñóns (San Xoán)
Lugar: Niñóns - O Campelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Igrexa de San Xoán de Niñóns, barroca, posúe planta de cruz latina, cun anexo no muro setentrional que fai a función de sacristía. Os muros son de carga, e sobre eles apoia unha cuberta a dúas augas. Hai que sinala-la dobre altura ante o altar cun arco marcando a entrada. Este detalle aparece tamén nas dúas capelas laterais.
Dende o exterior pódese observar, á beira da entrada, un arco cego, que podería indicar algún acceso do templo orixinal, como posible comunicación cun convento ou mosteiro anexo. Segundo as xentes da zona “aquí houbo un mosteiro e que foi desaloxado fai moitísimos anos”. Tamén se fala de que a derradeira moradora do mosteiro foi unha muller que levaran presa por ocultar a un home que lle botaran a culpa de matar o recadador da freguesía.
A fachada exterior destaca pola súa sinxeleza, de abaixo a arriba, ten a porta principal de acceso, rectangular e alintelada. Arriba desta, unha pequena xanela cadrada e remata a fachada unha espadana dun só oco con arco de medio punto adoelado onde leva a campá, e sobre o que se apoia un frontón triangular flanqueado por pináculos coroándoo unha cruz de pedra. Dicir que no primeiro terzo do século XX, a espadana estaba separada da igrexa a un trinta metros dela. Alguén pensou que estaría mellor posta na igrexa desfacendo así un panorama quizais con mellor sintonía da que ten agora. Tamén podemos ollar dentro do adro da igrexa parte dun sarcófago antropomorfo achado nun leira contigua ó cemiterio anexo ó adro.
A igrexa barroca e a freguesía de San Xoán de Niñóns sitúase no estremo norte do concello, na parte máis angosta do mesmo. Ó norte limita co mar e ó nordeste con Punta Nariga.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
SORALUCE BLOND,J.R. E FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco,Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Vol. V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTECESO/documents/0309CA006.pdf (p. 4)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.29000828998248Lonxitude: -8.89606386423111
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84