Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Brantuas (San Xián)
Lugar: Brantuas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Igrexa de San Xián de Brantuas ten unha planta que semella unha cruz latina. Consta dunha soa nave con dúas capelas nos seus laterais e presbiterio. Á altura deste, e no muro setentrional, engadíuselle un pequeno corpo que funciona como sancristía, e ao que se pode acceder dende o exterior. Os muros son de carga e a cuberta é a dúas augas no corpo principal, tres nas capelas e a catro augas no presbiterio. No interior o presbiterio cóbrese cunha bóveda de crucería. Da súa ornamentación cabe destacar unha imaxe que amosa unha roupaxe pertencente ó século XVIII. Na fachada de estilo barroco clasicista encóntrase a escasa ornamentación da igrexa, cunha composición simétrica formada por un remate en frontón triangular con dous potentes pináculos nos extremos; e que descansan sobre catro pilastras que enmarcan a porta principal con lixeiras molduras, arriba desta unha fornela seguida dunha xanela cadrada tamén lixeiramente moldurada. O conxunto remata cun campanario situado sobre o frontón nunha plataforma cadrada, formada por catro machóns unidos por arcos de medio punto rematados nunha cornixa e unha cupuliña sobre un tambor octogonal coroándoo un pináculo con bóla. No lateral dereito da nave tamén podemos ollar unha pequena pedra armeira moi desgastada posiblemente da familia dos Altamira, dada que esta freguesía foi freguesía de presentación da Coroa, fundada polo Conde de Altamira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
SORALUCE BLOND,J.R. e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco,Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso». Vol. V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTECESO/documents/0309CA003.pdf (p. 5)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.27956031756571
Lonxitude: -8.898550271987915
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84