Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Vigo - Rúa Pi i Margall, 58
Outra denominación do ben: Villa Luz
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Este edificio de corte eclecticista foi ampliado en base a un proxecto redactado polo arquitecto Antonio Cominges no ano 1955. Este plantexou o desenvolvemento horizontal da obra existente, un chalé de dúas alturas con cinco ocos por planta. O arquitecto proxecta este mesmo fronte cara ao leste, duplicando a edificación preexistente con tódolos seus detalles ornamentais. Opta por substituír a mansarda, cuxo lugar será ocupado por unha nova planta, retirando os elementos de coroación, que son trasladados á nova cornixa. A fachada do inmoble aparece pautada por pilastras acanaladas que separan os ocos balconados do andar principal. Este modelo, que engalana vistosamente os sobrelinteis con frontóns triangulares e curvos, simplifícase no andar superior, suprimindo calquera referencia ornamental. Esta reaparece de novo no peitoril de coroación, unha peza calada dun precioso deseño de arcos entrelazados.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca009.pdf (p. 4, ficha A_073)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.232834980760224
Lonxitude: -8.730861246585846
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84