
Outra fotografía:
Tipo de ben: Mina, Fonte,
Concello: Arbo
Parroquia: Sela (Santa María)
Lugar: Os Eidos de Arriba - Cotarelo - Fontecarreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Ao pé da estrada que sube ata Eidos de Arriba ábrese na pendente un pequeno espazo cóncavo, con planta en chaflán e realizado con cachotería. Trátase dunha mina e fonte moi habitual, que a pesares da rusticidade deste tipo de elementos e construción, o planeamento en chaflán confírelle certa singulariedade e sofisticación. Na parte central presenta un van adintelado como boca da mina, que no seu extremo exterior presenta un cano de pedra que verte a auga sobre a pía de pedra rectangular. No muro lateral esquerdo sobresaen a nivel basamental pedras a xeito de banco corrido e todo o pequeno espazo atópase empedrado.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Como elemento moble ten unha pía rectangular de granito que recolle a auga.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.099806582704055Lonxitude: -8.352629542350769
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




