Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Arbo
Parroquia: Sela (Santa Mariña)
Lugar: Os Eidos de Arriba - Cotarelo - Fontecarreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A fonte sitúase a escasos metros da Fonte de Sela (I). Con respecto á primeira, de carácter máis rústico, esta amosa un tratamento elaborado e coidado.

Parte dun muro acaroado ao noiro da pendente. Muro de perpiaño, do que no centro sobresae o corpo da fonte con tres niveis diferenciados e esquema triangular: unha base rectangular con porta central (posiblemente unha mina de auga); sobre este, outro rectángulo de menores dimensións, retranqueado e enmarcado polo borde. Por último a parte superior aparece coroada por un frontón curvo. Este último elemento resalta debido ao seu contido ornamental en relevo, constituido mediante dúas volutas horizontais e enfrontadas sobre as que se dispoñen outras dúas volutas en posición vertical que crean un corazón coroado por unha pequena moldura.

Finalmente, o resto do espazo configúrase a través do estanque ou poza e todo o elemento presenta cubrición moderna en cemento.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.09965533185631
Lonxitude: -8.352404236793518
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84