
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Brantuas (San Xián)
Lugar: Brantuas - Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico achafranado á que se acaroa unha mesa. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. O capitel é cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso. O ábaco é de lados rectos e ademais ten volutas, querubíns e follas de camelia. A súa cruz tamén cuadrangular cos brazos con mediacana e con remates florenzados con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Ten a cabeza ergueita lixeiramente ladeada á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans sobre o peito enriba dunha peaña. No último chanzo da plataforma ten unha inscrición moi feble que pon: “1609”. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/27921ca002.PDF (Páx.6)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2796442834Lonxitude: -8.89876484871
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Xul 20, 2026
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150680202.html
e a seguinte referencia bibliográfica:
MARTÍN RUÍZ, Luis (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html