
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Brantuas (San Xián)
Lugar: Brantuas de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal cuadrangular achafranado. O varal é octogonal, comezando e rematando en cadrado. O capitel tamén é cuadrangular moldurado e ten unhas marcas e unhas inscricións ilexíbeis ó igual que nun dos chanzos da plataforma. A súa cruz é cuadrangular recrucetada cos brazos ornamentados e rematados con vieiras. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita sen coroa e cunha estrela gravada na cruz por riba da súa cabeza. Por riba desta estrela leva inscrita na cruz as siglas INRI. Polo reverso fica a Virxe coroada en actitude de orar coas mans xuntas cun rosario sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/27921ca002.PDF (Páx.7)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2821671092Lonxitude: -8.89737814665
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Xul 20, 2026
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150680201.html
e a seguinte referencia bibliográfica:
MARTÍN RUÍZ, Luis (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.