
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cedeira
Parroquia: Cedeira (Santa María do Mar)
Lugar: Cedeira - Rúa da Cruz
Outra denominación do ben: Cruz en Cedeira
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Este cruceiro de autoría descoñecida e realizado posiblemente durante a Modernidade, presenta atributos artísticos que lle confiren un aspecto arcaizante, tales como o seu baseamento, ausente de tipo algún de decoración, representación nin plataforma, así como a escasa altura do seu varal. Realizado en pedra da contorna, similar á coñecida “pedra de Moeche”, destaca nel o feito de non ser un volume exento, característica altamente común entre os cruceiros galegos, atopándose esta peza adxacente a un edificio doméstico, sen que poidamos coñecer se esta foi a súa posición orixinaria. Na súa parte visible, frontal, atópase a figura da Crucifixión cristiá, destacando aos seus pés unha figura feminina orante que podemos identificar como a Virxe María.
O cruceiro está situado no casco histórico da vila de Cedeira, na rúa que debido á súa presencia acabaría sendo coñecida como “Rúa da Cruz”.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.6598808Lonxitude: -8.0579946
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Xose Troiano says:
Out 9, 2014
Nos brazos da cruz ten unha inscrición que data ó cruceiro: “ANO 1743”.
Oscar Franco says:
Nov 17, 2025
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/1502204.html
e as seguintes referencias bibliográficas:
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan J. (2003). Los cruceros de San Andrés de Teixido y sus caminos de peregrinación. Cuadernos de estudios gallegos, (L).
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan J. (2003). Los cruceros de San Andrés de Teixido y sus caminos de peregrinación. Actas do IV congreso galego de cruceiros. Ed: Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas.
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan J. (2001). Cruceros y cruces de Ferrolterra. Biblioteca de Ferrolterra. Edicións Embora.
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan J. (2009). Os cruceiros nos camiños galegos de peregrinación. Actas do iº cogreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía.
LAREDO VERDEJO, José M. (1993). Os nosos cruceiros. Boreal – Xuntanza Editorial.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html