
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Noia
Parroquia: San Martiño
Lugar: Noia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A igrexa mandouna erguer o arcebispo de Santiago López de Mendoza sobre unha ermida existente xa no século XIII. Foi rematada no ano 1434, segundo consta na inscrición da parte inferior do lintel : ERA:DA:NAC:D:M:CCCCXXXIIII. Pertence ao estilo gótico mariñeiro aínda que amosa na súa ornamentación unha tradición de tipo románica. Este estilo caracterízase por ter unha nave única con contrafortes moi destacados para contrarrestar os empuxes dos robustos arcos apuntados que sosteñen a cuberta, e cabeceira dunha soa ábsida poligonal, seguindo aquí o modelo aportado polas ordes mendicantes. San Martiño de Noia é unha das igrexas máis espazosas de toda Galicia, a cabeceira é de sete lados, vai cuberta dunha bóveda de cruzaría e nela ábrense tres rasgados ventanos apuntados que alumean o interior, xunto cun pequeno rosetón sobre o arco que dá acceso ao presbiterio. Destacar tamén o gran rosetón da fachada polo que entra a luz a través de cristais de cores que ofrecen ao interior unha luz non natural e simbólica. A fachada do templo é de excepcional beleza e distribúese en tres corpos verticais e nos laterais as dúas torres. Nas xambas da porta van representados os doce apóstolos. No tímpano aparecen tres arquivoltas. Na máis interior aparece Cristo, na clave, amosando as chagas, e os doce músicos dispostos de xeito radial. Na arquivolta do medio vese a Virxe na parte máis esquerda e o arcanxo S. Gabriel no extremo dereito, e entre elas catorce figuras de anxos, na exterior amosa decoración vexetal.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Noia: Unha vila histórica, dende a orixe ata a Idade Moderna. Xerardo Agrafoxo Pérez. Colexio Público de Lousame ISBN:84-398-9361-Z.
Guía Turístico Cultural. Xoán X.Mariño. Comisión de Cultura Concello de Noia. Dep.Legal C-726-88
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/0252CA001.pdf
(pax.14)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7824251616Lonxitude: -8.88844907284
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


(5 votos)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





7 comentarios
Anton Carou says:
Xul 7, 2026
Detalle do seu rosetón polo exterior.
Anton Carou says:
Xul 7, 2026
Detalle do seu tímpano na porta principal.
Anton Carou says:
Xul 7, 2026
Fotografía da porta Norte.
Anton Carou says:
Xul 7, 2026
Detalle do tímpano da porta Norte. Represéntase á Virxe co Neno, a San Xosé e, de xeonllos, ao arcebispo Lope de Mendoza. Nas arquivoltas hai decoración vexetal e no chapitel da xamba lateral dereita hai dous dragóns loitando.
Bibliografía: A paisaxe urbana da Noia medieval (Xosé F. Maneiro, Revista Alameda do Liceo de Noia número 62, páxina 63).
Anton Carou says:
Xul 7, 2026
Fotografía da ábsida con ameas a modo de castelo.
Bibliografía: A paisaxe urbana da Noia medieval (Xosé F. Maneiro, Revista Alameda do Liceo de Noia número 62, páxina 62).
Anton Carou says:
Xul 7, 2026
Fotografía da antiga porta Sur, tapada pola chamada Capela dos Valderrama, de estilo renscentista. A porta sitúase baixo un arco gótico de decoración xeométrica.
Bibliografía: A paisaxe urbana da Noia medieval (Xosé F. Maneiro, Revista Alameda do Liceo de Noia número 62, páxina 63).
Anton Carou says:
Xul 7, 2026
Detalle dos decorados da antiga porta Sur. Pódense ver dúas caras talladas na parte inferior do arco. Tamén se poden apreciar parte dos decorados do que algunha vez foi a esquina da porta.