
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Crecente
Parroquia: Albeos (San Xoán)
Lugar: A Capela.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa parroquial de Albeos atópase situada sobre un outeiro a escasos metros das ruinas do Mosteiro de San Salvador. As súas orixes son románicas, do século XII pero con intervencións posteriores na etapa do barroco.
A súa planta é rectangular, cunha soa nave á que se lle anexan outras capelas e o seu presbiterio márcase sobresaindo en planta e en altura.
A fachada principal mostra a combinación de elementos románicos e barrocos. Da primeira obra presenta a porta de entrada, de arco de medio punto con dúas arquivoltas (a exterior partida) sostidas por dous pares de columnas adosadas rematadas por capiteis a base de decoración vexetal e compostos por cimacio. No interior do arco temos o tímpano profusamente decorado a base de flores. Centra a composición unha cruz resarcelada sobre catro flores de lis e as restantes flores, que ocupan o resto do espazo. A fachada remátase cunha cornixa ondulada con pináculos nos extremos e a espadaña de dobre arcada e rematada por un piñón ondulante propios do barroco. Sobre o van de entrada sitúase unha lápida conmemorativa a San Paio, mártir que naceu nesta parroquia no ano 911.
O resto dos paramentos son sinxelos e nos que se destacan os canzorros que varían entre formas sinxelas ou esquematizadas até zoomórficos e antropomórficos. No lateral norte aparece un arco de medio punto, cegado e con unha lis gravada.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.14492690100057Lonxitude: -8.252588510513306
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
elixiovieites says:
Mar 11, 2013
A igrexa de San Xoán de Albeos no pxom de Crecente
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CRECENTE/documents/0774CA001.pdf