Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: San Pedro de Oza
Lugar: Igrexario, Oza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:
Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico achafranado na que leva unha placa que dí:”Donado pola Comisión de Festa 2009, Manuel Seoane Couceiro, Angel Pérez Sánchez, Oscar Moar Méndez, J.Carlos Martínez Mariño”.
O varal é octogonal empezando en cadrado na que vai inscrita a data fundacional do cruceiro,”2009″. O capitel é cadrangular con astrágalo circular e ábaco de lados rectos cos vértices achafranados. Ten follas vexetais e flores. A súa cruz é circular, leñosa con nós. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e ten un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso carece de imaxe. O cruceiro é todo de pedra cun moi bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2215581678Lonxitude: -8.17716747522
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84