Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Triacastela
Parroquia: Toldaos
Lugar: San Salvador
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa e cemiterio están pechados por un muro pétreo e aos que se accede por unha porta coroada con arco de medio punto. O acceso principal á igrexa, orixinaria do século XII, está presidido por unha torre campanario de tres corpos. Na nave principal, cuberta a dúas augas, ábrese unha porta no lateral norte e o coro alto sitúase aos seus pés. O chan é de pedra caliza, conservándose pegadas de enterramentos. Un arco toral e outro triunfal, unidos por arcos forneiros, actúan como basamento ao ciborio cuberto a catro augas e rematado por unha cúpula ornamentada con molduras de volutas e pináculo con cruz. O presbiterio cúbrese con bóveda de canón no primeiro tramo e de cuarto de esfera na ábsida. No interior salienta o retábulo maior, cun Sagrado Corazón co relevo do Resucitado, o Salvador sedente, Santa Bárbara, San Antonio, Santiago peregrino, anxos, etc. Tamén hai outros retábulos a dereita e esquerda da nave.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA007.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.78290549221139
Lonxitude: -7.218832969665527
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84