Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Triacastela
Parroquia: O Monte
Lugar: O Monte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Orixe románica. Está revestida con morteiro de cemento, presenta unha composición de dous corpos. O adro está cuberta a dúas augas con lousa. Unha espadana de dous vans separa o adro da nave central. A nave central máis baixa que o nivel exterior, con cuberta a dúas augas. Presbiterio con arco de medio punto e ábsida con bóveda de cascarón. Ten unha nave lateral que se cubre coa prolongación da cuberta da nave principal con arquerías de medio punto. No testeiro, a sancristía. No interior pódese ver un retábulo barroco de dous corpos e columnas salomónicas coas imaxes de Santa María do século XVIII e San Xoán co Agnus Dei.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA007.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.78034631067829
Lonxitude: -7.243691682815552
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84