
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande, Castelo,
Concello: Monterroso
Parroquia: Penas (San Miguel)
Lugar: San Miguel
Outra denominación do ben: Torre de Penas
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Torre de tres andares moi ben conservada. Comunícase cun pazo que posúe os escudos de armas dos Ribadeneira e os Taboada. Pénsase que esta torre se podia comunicar por medio de sinais coa torre de Amarante. O pazo foi desfigurándose pouco a pouco até ser hoxe máis ben unha casa grande de labranza. A carón da torre e o pazo atópase a igrexa de Penas, configurando entre os tres edificios e a paisaxe un conxunto moi fermoso digno de visitar.
Foi erguida con pedra levada da zona de Sirgal, onde tiña as súas terras Arias Conde, o primeiro cabaleiro coñecido da Ulloa, que construíu en Penas o pazo e a torre por ser mellor lugar e por estar fóra da xurisdición de Monterroso, propiedade do Conde de Monterrei.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Dentro hai pinturas góticas nun estado de conservación moi delicado.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MONTERROSO/documents/0619CA001.pdf
Páxina catro.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.804713300201456Lonxitude: -7.793254852294922
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




