
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Monterroso
Parroquia: Esporiz (San Miguel)
Lugar: Monterroso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Igrexa construída nos anos 1950 nun estilo ecléctico-historicista neo-herreriano en pleno casco urbano de Monterroso para ampliar o espazo de culto da igrexa parroquial orixinal, situada en Esporiz. Atópase nun lugar moi visible e céntrico, a carón da casa do concello e no cruce das estradas máis importantes.
O edificio, construído en aparello de perpiaño, ten planta de cruz latina, con tres naves. A fachada organízase en dous niveis separados por unha arquitectura finxida de pilastras adosadas e entaboamentos lisos, sen decoración, que enmarcan arcos de medio punto. Coroando o conxunto, disponse un frontón triangular flanqueado de sendas torres campanarios, tamén organizadas en dous corpos superpostos, o primeiro con reloxos, e o segundo cos arcos das campás.
A entrada está presidida por unha grande cruz.
Na casa reitoral está o Museo Parroquial de Monterroso. Nas súas salas expóñense pezas de ourivaría, arqueoloxía, etnografía, pintura e numismática de grande interese.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.793145Lonxitude: -7.83608
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84