Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Rois
Parroquia: Augasantas (San Vicente)
Lugar: Beade
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O cruceiro componse de plataforma de tres chanzos feitos a base de perpiaños cuadrangulares de granito que levan un pedestal na parte superior, rematado en chafrán e cun pequeno adorno de bóla en cada esquina. O varal arranca cun tramo de sección cadrada e adornos de rebaixes nas caras e despois tórnase octogonal. O capitel leva adornos de molduras e na cruz, de remates potenzados e con cartela vai un Cristo de boa execución con pano de pureza á dereita. No reverso a Virxe cun manto e en actitude orante.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ROIS/documents/0349CA005.pdf (pax. 5)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.77164430221592
Lonxitude: -8.761425018310547
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84