Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lousame
Parroquia: Tallara (San Pedro)
Lugar: Ponte de San Francisco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O cruceiro está fronte a Capela dos Remedios, no concello de Noia, e ao outro lado da estrada. Está nun límite municipal, o que fai que pertenza ao concello de Lousame. Presenta plataforma de dous chanzos aínda que puidera ter algún máis enterrado. A base é hexagonal coas arestas superiores rematadas en chafrán. O varal comeza cadrado e tórnase octogonal ata o capitel. Este é simple e con forma de pirámide invertida , con adornos de acanaladuras nos extremos e rebaixe nas esquinas. Na cruz, de sección cadrada, con cartela e extremos potenzados, vemos a Cristo crucificado e a San Francisco coa man apoiada no seu costado , mirándolle á cara e querendo dialogar con el. Polo reverso hai unha Virxe cos brazos en actitude de orar e dos que lle colga un escapulario.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA005.pdf (pax. 3 de 11)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.76621772505557Lonxitude: -8.883360922336578
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
José A. Millares says:
Mar 24, 2013
Concello de Noia, parroquia de Argalo, diría. Non?
elixiovieites says:
Mar 24, 2013
Ola Xosé. A Ponte de San Francisco atópase dividida en dous concellos, Noia e Lousame,
e pertence a dúas Parroquias, Argalo e Tallara. No nomenclátor oficial podemos ver :
Tállara (San Pedro),Ponte de San Francisco, e ao mesmo tempo: Argalo (Santa María)
Ponte de San Francisco, A. A raia dos límites trae de cabeza a algún veciño por case
literalmente ten a casa en dous concellos. Convídote a que mires neste plano de ordenación
urbana de Lousame a zona da que estamos a falar (zona esquerda da pantalla), parece que
o fito que marca os límites é a estrada.Un saúdo
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206PB004.jpg
José A. Millares says:
Mar 24, 2013
Boas. Tes razón, non o comprobara. A impresión que tiña é que o límite pasaba un pouco máis ó sur, entre as casas do núcleo.
Xa que estamos na Ponte, creo que faltan por catalogar os muíños da Areeira, xusto detrás das casas, e que foron recentemente rehabilitados polo Concello de Lousame.
Bo traballo! Saúdos.