
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Sobrado
Parroquia: Porta (San Pedro)
Lugar: Sobrado dos Monxes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa de San Pedro está moi preto do Mosteiro de Sobrado e foi construída, segundo inscrición, no ano 1785. O edificio é de planta rectangular, na que se inscriben unha única nave, presbiterio e unha sancristía tras este. No interior, a nave presenta unha cuberta de bóveda de canón realizada en cantería de granito, apoiada en catro arcos faixóns que dividen a nave en tramos. Ós pés da nave, hai unha escaleira no lateral dereito de acceso ó coro superior.
O presbiterio posúe unha bóveda de aresta, realizada tamén en granito, que apoia sobre ménsulas. Preside o altar maior un retablo barroco, dun só corpo, que presenta un oco central flanqueado por columnas salomónicas sobre as que agabean follas de parra. A rica decoración e profusa policromía deste retablo fai del un dos máis significativos dos que se encontran no concello de Sobrado.
A fachada principal amósanos a fábrica de sillería de granito, e de cachotería á vista no resto das fachadas. A fachada é moi sinxela cunha entrada principal rectangular e un óculo circular de luz enriba desta; remata cunha cornixa a dúas augas con pináculo aos extremos e interrompido no vértice pola peaña da espadana de dous corpos superpostos: o primeiro corpo está formada por dous arcos de medio punto sobre piares na que van aloxadas as campás e o segundo por outro arco de medio punto na que tamén vai aloxada unha pequena campá. Este corpo está flanqueado por un pináculo a cada lado e coroando o corpo tres pináculos máis.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SOBRADO/documents/26732ca037.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.03950869048092Lonxitude: -8.022438883781433
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84