Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Taboadela
Parroquia: Rabeda (Santiago)
Lugar: Pereiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Capela de planta rectangular no centro da aldea de Pereiras. Presenta presbiterio diferenciado da nave, sendo mais estreito que ela, gorecida a nave por unha cuberta a dúas vertentes e o presbiterio a tres, con pináculos de bola nas esquinas. Os seus muros son de perpiaño encintado e concertado nos laterais e na súa fachada (opus quadratum).

Na fronte disponse a unica porta de entrada, gorecida baixo un arco de descarga apuntado con tímpano monolítico. A este séguelle unha xanela rectangular vertical de derrame externo que precede en altura a unha espadana dun único oco con pequeno campanil, tendo outro exterior e rematada por un edículo e unha cruz latina sen figuración.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TABOADELA/documents/26629CA003.pdf (P.9)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.266418553009046
Lonxitude: -7.79872655868530
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84