Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Taboadela
Parroquia: Taboadela (San Miguel)
Lugar: Pumar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Capela do século XIX de planta rectangular, situada no outeiro da aldea de Pumar. Dunha unica nave, gorecida por unha cuberta a tres vertentes con pinaculos de bola nas catro esquinas, os seus muros son de perpiaño concertado nos laterais e na súa fachada (opus quadratum).

Na fronte disponse a unica porta de entrada, flanqueada por dous fachineiros rectangulares de carácter horizontal dispostos a ambos lados.

A súa fachada rematase en altura por medio dun frontón triangular carente de decoración, a excepción das sobrepenas que protexen os muros piñóns, que preceden en altura a unha espadana dun único oco con pequeno campanil, rematada por pináculos e por unha cruz latina sen figuración que remata a lectura vertical do conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TABOADELA/documents/26629CA005.pdf (P.4)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2450395102503
Lonxitude: -7.81437456607818
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84