
Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Sobrado
Parroquia: Porta (San Pedro)
Lugar: Sobrado dos Monxes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Moi preto do Mosteiro de Sobrado áchase a coñecida Lagoa de Sobrado dos Monxes. Protexida pola Rede Natura 2000, convértese nun dos humidais máis importantes e interesantes da xeografía galega, tanto pola súa riqueza na súa flora como na súa avifauna.
Debemos agradecerlles aos monxes do século XVI a existencia desta lagoa, xa que foron eles quen a crearon durante os anos 1500-1530. Para o seu tempo, tratouse dunha obra de grande emvergadura, o que da mostra do poder da igrexa por aquel entón. Os motivos que levaron a construir esta lagoa foron varios: utilización para regadío de cultivos pretos á lagoa mediante canais que tamén surtían aos muíños que traballaban para os abades. Outro obxectivo foi converter a lagoa en viveiro de troitas coa fin de proveer de alimentos aos propios monxes e a outros cenobios da zona. Así, a lagoa pertenceu á Orde Cisterciense, que no ano 1992 decidiu cedela á Sociedade Galega de Historia Natural.
A forma cáseque circular da lagoa comprende unha superficie de 10 ha. cunha profundidade variable entre 1,5 metros a 4,5 metros. Está situada a unha altitude de 510 metros e presenta unha variación anual do seu caudal duns 20 centímetros.
Entre a vexetación destacan especies como o bidueiro, freixo, carballo, salgueiro, ameneiro e o sauco. Nenúfares, trevos de auga, espigas de auga e xuncos forman parte da vexetación acuícola. Nas profundidades da lagoa viven algas endémicas que atoparon neste lugar o seu hábitat como son a Nitella flexilis e a Myriophyllum alterniflorum.
A fauna atópase representada por especies como a londra, a rata de auga, a píntega rabilonga, a culebra de auga, o tritón marmoreado, o sapo raxado e as rás patilongas e vermellas. En canto á avifauna destacan a cerceta real, o parrulo culler, o somorgullo pequeno, a galiñola negra e o picapeixe. Destacar as grandes troitas de ata 2 kg que viven na lagoa e que son utilizadas como reproductoras en piscifactorías de desove e cría da Xunta de Galicia.
A lagoa esta provista de miradoiros preparados para a observación da fauna.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-www.sobrado.es/noticia.php%3Fidnoticia%3D23
-www.galiciamaxica.eu/Sitios/A%2520CORUNA/sobrado/lagoso…
-www.galiciaparaelmundo.com/blog/%3Fpage_id%3D17%26recur…
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.03790507733995Lonxitude: -8.009676933288574
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84