Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Guntín
Parroquia: Entrambasaugas
Lugar: Entrambasaugas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Nesta igrexa distínguense varios elementos construtivos pertencentes a dúas etapas: unha románica de finais do século XI e outra neoclásica do século XVIII. Da primeira salientan as portas, a principal ten un arco de medio punto que circunda un tímpano alintelado con tres arquivoltas; canzorros nos aleiros, onde destacan dous con representación de cabezas humanas. Os muros da nave principal están realizados en cantaría, abríndose en cada un un par de ventás moi estreitas. Os elementos neoclásicos aparecen cando no ano 1764 se leva a cabo unha reforma na que se constrúe o actual presbiterio, elimando por completo a ábsida románica. No muro norte atopamos unha inscrición de difícil lectura que fai alusión a un “Rodericus pbr” (Rodrigo, presbítero), ao que se identifica como fundador da igrexa; tamén se distingue a inscrición “Pelagius P” (Púxoo Pelaxio) que debe facer referencia ao construtor. No interior destacan unhas pinturas murais que cubren os muros norte e sur onde se representan a Santiago Matamouros e a Xesucristo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Dentro do termo municipal, e segundo documentación do século X, estivo situado o mosteiro de San Fiz do Ermo que, ao parecer, foi rexentado por monxes-cabaleiros da orde do Temple.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.ayuntamientodeguntin.es/index.php/historia-y-arte.html

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio15AAE_8_es.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.913032020724046
Lonxitude: -7.7038514614105225
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84