
Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Carnota
Parroquia: Santa Comba de Carnota
Lugar: Nóutigos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Hórreo da tipoloxía Noia feito a base de cantería de granito ben labrada. Apoia a cámara en 10 pés de granito que seguen a sección que adoitan ter a maioría dos cruceiros, comezando cadrados e tornándose octogonais. Tornarratos cilíndricos que sosteñen os linteis da cámara. O peche da cámara faise con perpiaños de granito en 12 fiadas que deixan 7 físgoas de ventilación horizontal cada unha na cámara e 8 nos penais . A cuberta é a dúas augas, realizada en tella do país. Remata a parte superior da cámara en beirado de pezas estreitas que acaban incrustadas non penais. Os pinches van lixeiramente máis altos que o teito e amosan un burato na parte central con rebaixes circulares e concéntricos ao seu redor. Leva sobrepenas, con pináculo piramidal no remate, apoiado en perpiaño cuadrangular. A porta ábrese no lado leste da cámara. O hórreo atópase sobre un muro que abeira un camiño.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8278196126299Lonxitude: -9.082077741622925
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84