Para levar adiante o proxecto, precisámoste.

Aquí tes unha lista das oportunidades para participar. Fica pendente do web, porque iremos sacando continuamente novas necesidades. Podes escribirnos a patrimoniodegalicia@gmail.com coa túa proposta.

Oportunidades de colaboración nestes momentos

Editor e redactor de guías de patrimoniogalego.net. UNHA PERSOA. Temos ofertas por parte de medios mensuais (gratuítos) para publicar fichas de patrimoniogalego.net, o cal é unha boa idea para facer visible a actividade de plataforma. A nosa idea é confeccionar unha pequena guía de 12 bens culturais singulares xa introducidos en patrimoniogalego.net que editaremos en PDF e en ePUB para que os usuarios poidan explorar o territorio de Galicia a través dos bens culturais publicados polos catalogadores. O Editor e Redactor de guías deberá solicitar o permiso de reprodución do material aos catalogadores dos bens culturais seleccionados e darlle forma textual á ficha para a súa publicación na revista. Posteriormente, aproveitarase esa selección para facer a edición da Primeira Guía do Patrimonio de patrimoniogalego.net, con caracter experimental.

Xestión web. UNHA PERSOA. Dominio de WordPress avanzado (hacking, custom fields, CSS, bases de datos, etc.). Traballará con Manuel Gago.

Catalogadores. TODOS OS POSIBLES. Pode ser calquera. O rexistro é gratuíto e rápido. Todos somos necesarios e importantes. Esta é a figura máis necesaria, na medida en que precisamos cubrir un territorio con moitos elementos. Se queres unirte ao proxecto, este é o mellor punto de partida.

Textos de explicación sobre o Patrimonio Galego (aspectos xurídicos). DÚAS PERSOAS. Con coñecementos de dereito. Deberán responsabilizarse dos Apartados Lexislación e Como denunciar. Con experiencia práctica no ámbito das denuncias sobre patrimonio. Ollo que non van xestionar denuncias, só facernos estas pequenas guías. 🙂
Temos os textos básicos, pero agradecemos calquera perspectiva que permita ampliar esta cuestión.

Grupo de editores. DÚAS PERSOAS. Revisan as novas fichas enviadas. Deciden cambios no modelo de catalogación. Establecen os Bens que pasan á Lista Vermella (bens en máis risco). Dominio do ámbito do patrimonio, traballo de campo, etc. Non se precisa ser profesional, pero si ter certa experiencia asociativa ou profesional vinculada ao patrimonio. Traballarán con Padín e Xosé Gago.
Completo polo momento. Pero se estás interesado, estate pendente das oportunidades de colaboración. Se o ritmo de subida de elementos do Catálogo é moi forte, imos precisar máis editores.

Grupo de Producción. UNHA PERSOA. Xestiona as relacións coas Asociacións polo Patrimonio e contacta con novas asociacións e entidades interesadas en introducir a súa información. Coñecementos do sector cultural e asociativo en Galicia. Traballará con Soledad Felloza.
Completo.

Grupo de comunicación. UNHA PERSOA. Farase cargo das redes sociais. Coñecementos de comunicación corporativa. Traballará con Xurxo Salgado. Completo.