Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Esgos
Parroquia: Vilar de Ordelles (Santa María)
Lugar: A Eirexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Templo de estilo barroco popular serodio, construído cara 1830, de nave única duns seis metros de altura, con presbiterio mais alto que a nave, con cuberta a catro augas e pináculos nas esquinas e no cumio, sendo na nave a dúas augas.

A porta é alintelada con ventá rectangular sobre a mesma, cara o coro. Frontón con molduras laterais e remates con pináculos nos laterais. A fachada remátase con espadana de dobre corpo, o primeiro con dobre arco, onde se sitúan as campás, o segundo dun arco, con pináculos laterais, e no cume pináculos laterais e cruz de ferro no centro.

Ten esculturas de certo interese cultural nos retablos do interior.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ESGOS/documents/26716ca137.pdf (P.2)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.32004169603889
Lonxitude: -7.73259937763214
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84