Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Ourense
Parroquia: Palmés (San Mamede)
Lugar: Naves
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

De difícil datación, sábese que era benedictino e probablemente fundado por Alfonso III no ano 888.

Constaba de planta baixa, piso inferior e superior e tamén posúe unha capela “exenta” de época moderna e un pombal. Albergou a 12 monxes. Estaba rexido por prior e non por abade e, ademais contaba con subprior, cillereiro, sacristán, vestiario, enfermeiro, cociñeiro e notario, cargos que non eran vitalicios agás o de prior.

O mosteiro de Santa Comba de Naves enfrontouse no século XV á reforma bieita levada a cabo por Fr. Rodrigo de Valencia, prior de S. Benito de Valladolid.

O 26 de abril de 1499 o prior de Valladolid uniu e incorporou os mosteiros de S. Pedro de Rocas e Santa Comba de Naves ó mosteiro de Celanova, pero en o 23 de xullo xa cambiara de opinión e asóciase a San Paio de Antealtares, Rocas e Naves. Celanova recorre a Valladolid e a anexión non prospera. A definitiva bula de anexión é obra de León X en Roma o 19 de marzo de 1513, a petición do abade de Celanova o pontífice declara válida e confirma a anexión feita polo seu predecesor Xulio II. Desde entón, Santa Comba é un priorato administrativo de Celanova.

Reconstruído en 1760 funcionou até o 1836, en época moderna con tres ou catro monxes.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No sótano aínda podemos observar restos dun lagar para facer viño e dunha prensa.

Sobre a porta principal aínda se conserva o escudo do mosteiro: cruz treboada, compás e un círculo, que indica a dependencia de Celanova.


Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa dixital de novembro de 2022 recolle a disputa xudicial deste ben, cunha venda ilegal polo medio (ver referencias bibliográficas)


Referencias bibliográficas:

http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2016/01/19/obispo-ourense-vende-monasterio-denuncia/1033288.html

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2016/01/21/comprador-monasterio-prioriza-recuperacion-capilla/1389073.html

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2017/01/19/ouec-llevara-pleno-recuperacion-monasterio/1607485.html

DISPUTA XUDICIAL NOVEMBRO 2022
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2022/11/09/duenos-monasterio-santa-comba-naves/00031667988375185776238.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2022/11/15/iglesia-defiende-legalidad-venta-monasterio-ourensano-siglo-ix-familia-reclama-propiedad-presento-escritura/00031668516437657432853.htm
https://www.eldiario.es/galicia/iglesia-vendio-monasterio-cuya-propiedad-1906-reclama-familia-ourense_1_9665520.html
https://historiadegalicia.gal/2022/11/santa-comba-de-naves-como-a-igrexa-se-fixo-cun-mosteiro-propiedade-dunha-vecina/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3531502685
Lonxitude: -7.93281555176
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84