Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra (comarca) / Vilaboa
Parroquia: Vilaboa (San Martiño)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que presenta base cúbica coas arestas superiores rebaixadas, do que sae un varal cilíndrico estriado ao longo, con doce sucos e un colar na parte alta, que se prolonga nun cilindro no que aparecen en relevo diversos símbolos da Paixón e Morte de Cristo, entre os que se identifican unha escada de man de tres chanzos, un cáliz con hostia por riba, un látego, unha espada e tres cravos. O capitel de astrágalo, recto, circular por debaixo, adobiado de varias molduras.
A cruz é de forma latina e contén no seu anverso a imaxe do Cristo crucificado cunha cartela de INRI na parte superior. No reverso pódese ver a imaxe da Virxe.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VILABOA/documents/1000CA001.pdf
https://cruceirosdegalicia.xyz/3605805.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2009). Cruces, cruceiros e petos do concello de Vilaboa. Editorial AGCE.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.35935256816
Lonxitude: -8.6386871337891
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84