
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Guláns (San Xulián) - A Picoña (San Martiño)
Lugar: Alto de San Cibrán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
A cruz xubilar de San Cibrán inaugurouse co motivo do cambio de século e conmemoración do ano xubilar de 1900.
Ten 11 metros de altura e érguese sobre unha rocha que a eleva 3 metros máis, deste xeito facíase visible dende todo o val. Hoxe en día as árbores que medraron ao seu redor impiden a súa visión.
Na súa construción participaron 14 parroquias dos arredores, como se lembra nunha placa de mármore colocada no pé da cruz. Noutra placa colocada ao lado lembra as parrroquias que celebraron o seu centenario, no ano 2000.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaComunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.pxomponteareas.org/p-o-x-m/ (Ficha 12.00.03)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA001.pdf (Páxina 7)
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1427631327Lonxitude: -8.56257677078
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84