Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Guláns (San Xulián)
Lugar: O Padrán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Peto de ánimas exento e distribuído en dúas alturas. Na inferior está o peto das esmolas con porta de ferro e cun motivo decorativo en relevo e rematado en bóla. Sobre repisa a parte principal que alberga o fornelo de medio punto con decoración de dúas pilastras a ambos lados e cornixa arquitrabada e partida no centro facendo medio punto. Remata nun tellado a dúas augas e no centro un pedestal decorado que soporta unha cruz alta e estilizada. O retablo de ánimas aínda presenta restos de policromía. Na parte baixa están representadas as ánimas entre as lapas, dous nenos a ambos lados e uns anxos (sen cabeza) que lles intentan salvar e levar ó ceo. No centro vese á Virxe do Carme con escapulario e o neno no colo. A inscrición arredor di: “A DEBOCION DE MANUEL OTERO PREGO. AÑO DE 1905”.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA001.pdf (Páxina 7)
https://drive.google.com/folderview?id=0B8ACfkgfAFaDa0liNVNJSEw1UTA&usp=sharing&tid=0B8ACfkgfAFaDV2twRzVlMno0aG8 (Páxina 7)

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008

REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.149814995
Lonxitude: -8.55094403028
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84