Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Amoeiro
Parroquia: Fontefría (Santa Mariña)
Lugar: Outeiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Igrexa románica consagrada no ano 1200, dunha soa nave e planta rectangular, con cuberta a dúas augas e na cima, “agnus dei”. Obsérvase nalgúns elementos a transición ao gótico, como no apuntamento do arco triunfal.
Ten unha sancristía adosada á nave, de menor altura e cuberta a tres augas.
O aside está dividido en corpos por columnas ao exterior e unha boa colección de canecillos.
Notase a transición ao gótico no apuntamento do arco triunfal. A fachada está reconstruída aínda que aproveitando os seus propios materiais antigos.
Na fachada principal, porta alintelada; sobre ela frontón sen decoración; na cima, moldura protexendo o muro, e sobre ela, pináculos laterais; centrada no cumio temos espadana de dous ocos, con sendas campás, e na cima, pináculos laterais e cruz de pedra.
No interior existe unha ara romana que hoxe forma parte do pé da pila bautismal.
No adro foi achado un “sartego” de granito de época anterior ao século XI.

Fotos: Constantino S. Morenza


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMOEIRO/documents/26234ca106.pdf (P.2)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.39575286590996
Lonxitude: -7.947497963905334
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84