
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Cospeito
Parroquia: Sistallo (San Xoán)
Lugar: Sistallo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificio barroco do século XVIII de marcada influencia compostelá e de aspecto grandioso e con carácter de casa de campo. Foi construído polo arquitecto Salero Meizo por encargo por Fernando Verdes de Montenegro, fillo do cabaleiro irlandés O´Sea.
Ten dúas alturas e a súa planta é rectangular, leva tellado de lousa a catro augas. Os muros están recebados e encalados agás nas esquinas e beirados. Na fachada ten tres portas sendo a principal a que amosa unha maior ornamentación, levando enriba unha pedra armeira cos escudos dos Verdes e Montenegro. As chemineas fan xogo cos adornos da fachada e na cara oeste leva escaleira de pedra e patín. No interior hai un retablo renacentista e unha escaleira monumental.
Tamén destacan de maneira particular os xardíns, patios, estanques e unha fermosa fonte barroca. Este pazo está considerado como uns dos mellor conservados da provincia de Lugo-
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COSPEITO/documents/0578CA001.PDF
(pax. 13 de 14)
http://es.wikipedia.org/wiki/Marquesado_de_Benemej%C3%ADs_de_Sistallo
Máis imaxes en
http://www.amigosdelospazos.com/pazos.htm
http://www.panoramio.com/photo/14405586?source=wapi&referrer=kh.google.com
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2473127863Lonxitude: -7.57232666016
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Xoan says:
Mar 1, 2014
Ten elementos que o fan único. A destacar o retablo da capela, que xa quixeran moitas igrexas; tamén o escudo, de grandes dimensións; as tres chimeneas, sobre todo a da cociña; e por último, o xardín, no que se combina pedra, auga e moitas especies vexetais.
Oscar Franco says:
Set 22, 2016
Este pazo, tamén chamado “da Barreira”,posúe unha capela que se atopa totalmente introducida na edificación.
No seu interior podemos ver un retablo gótico que posúe un oratorio adicado á Inmaculada Concepción de María.
Tamén podemos ver dous escudos heráldicos.
REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
Yebra de Hares, Antonio Benito. PAZOS Y SEÑORÍOS DE LAPROVINCIA DE LUGOS. Servicio de publicaciones Diputación Provincial Lugo. 1999.
José Otapia says:
Xuñ 2, 2025
Maravilloso pazo barroco lucense con existentes planos originales del importante arquitecto compostelano Fernández Sarela a mediados del S XVIII. La construcción se realizó seguramente por orden, en vida o póstumamente, de Fernando Verdes-Montenegro Castro que murió en 1741 en Madrid y nació en San Juan de Sistallo (Lugo) en 1682, Caballero de Calatrava y ministro de LuisI y de Felipe V. Está equivocada la referencia sobre la descendencia de este señor con el caballero irlandés O’Shea, pues esta familia irlandesa llega a España con la guerra de la Independencia a primeros del S.XIX y no entroncan con los Verdes-Montenegro hasta su matrimonio en 1870 con Mª Carmen V-M y V-M. la equivocación puede venir porque el pazo de Sistallo por herencia llega a manos de, un hijo de estos señores, Eduardo O’Shea Verdes-Montenegro y luego en su hijo Manuel hata que es vendido en 1971. El señorío de Sistallo y Villapene es propio de los Verdes ancestralmente, entroncando con los Montenegro en el S.XVII, siendo Francisco, padre de Fernando, el que une los dos apellidos.