
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Nogueira (San Salvador)
Lugar: A Nogueira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación do século XVII, aínda que reformada no ano 1900, feita a base de perpiaño granítico. Posúe planta de cruz latina con cuberta a dúas augas.
A fchada principal presenta unha porta de aceso porta rectangular, que se adorna na parte superior, simulando un tímpano, cunha moldura en arco apuntado sobre pequenas peañas e adornada no centro do arco pola parte superior con dous rolos. No seu interior, outra moldura circular rodea o baixorelevo dun trevo representando a Trindade, e dous triángulos coa hipotenusa convexa para centralo na parte inferior. Un pouco máis arriba hai un rosetón formados por tres circunferencias inscritas noutra moldura circular.
Remátase este parámento coa torre central do campanario, apoiando nela dous machóns que se unen en arco de medio punto. Ata eles chega a moldura plana que vai desde as pilastras laterais baixo a cornixa de remate con pouco voo. As pilastras remátanse en pináculos de capela.
A torre ten planta cadrada formando unha cornixa no seu contorno. Abre arco apuntado en cada lado, ocupando as campás os ocos oeste e sur. Os extremos dos machóns adórnanse con pequenas columnas. Remátase con outra cornixa voada en ángulo sobre o que se coloca outro trevo de pedra como remate. O remate é unha pirámide de base cadrada formando a agulla cun tope cadrado onde se coloca a cruz metálica.
Os parámentos laterais da nave son semellantes abrindo en cada un deles das ventás de arco apuntado e con derrame interno. Estas adórnanse polo exterior con columnas nas que apoia a moldura curva do arco. No lado sur, xunto co cruceiro, ten unha porta rectangular. No lado norte apréciase o caseto de saída para o campanario feito dun corpo cilíndrico e cúpula cónica con cruz metálica de remate. A porta metálica afea bastante a visión da fachada principal da igrexa. A nave ten tellado a dúas augas sobre cornixa de apoio.
O cruceiro ten o seu tellado a catro augas. E abre unha ventá, similar as da nave, nos paramentos norte e sur.
A capela maior tamén ten tellado a dúas augas. No lado norte adosouse a sancristía pegada ao cruceiro e máis baixa. No lado sur ten unha ventá similar ás anteriores. Por riba do tellado pódese apreciar un sillar cunha inscrición que pola altura e colocación dificulta a súa lectura.
No interior presenta as paredes rebocadas e pintadas, quedando vista a pedra de cantería dos arcos das capelas laterais e maior, e tamén as ventás. Nestas pódese apreciar un bo derrame interno para iluminación e unha moldura en bocel que as adorna, de forma semellante aos arcos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Conserva tres retablos, un en cada capela. O retablo maior neogótico moi sinxelo. Preséntase ocupando todo o parámento leste da capela maior. Fórmase sobre un gran sotobanco no que xa se dividen as tres rúas das que consta.
Nos laterais adiántanse as pilastras de sustentación das superiores. No centro está o altar, sobresaíndo lateralmente. O seu frontal mostra no centro unha cruz de Trindade. Pousado neste altar está o Sagrario en forma de capela con arco apuntado, e na porta un relevo cunha custodia. Catro pilastras, con adorno floral na súa base, dan forma as rúas do corpo do retablo. As rúas laterais pártense pola metade para dar lugar a das fornelas similares en cada unha. Son de arco apuntado e con moldura exterior. Na parte superior interna levan un adorno multilobulado e rematado nunha pequena cruz. O fondo da fornela está pintado simulando cortinaxes.
As imaxes inferiores, S. Brais e S. Bieito, pósanse directamente na fornela, mentres que as superiores, a Virxe do Carme e S. Telmo, están sobre unha base hexagonal traballada en marquetería. A rúa central ten unha única fornela que ascende desde o sotobanco por riba das rúas laterais. Tamén presenta o arco apuntado e moldura exterior. Polo interior adórnase cun traballo de marquetería formando festíns en continuidade. O fondo tamén se pinta con cortinaxes simulando damasco e cordóns con borlas que o suxeitan aberto. Na parte inferior, sobre unha base hexagonal de madeira, siútase un templete expositor formado por seis arcos apuntados sobre columnillas compostas. O arco central tamén se adorna con marquetería multilobulada para acoller a imaxe do Neno Xesús de Praga. O remate do templete é a base de apoio, cadrada coas arestas rebaixadas, na que preside o patrón, O Salvador. Nesta base hai a seguinte lenda:
ÒSE CONSTRUYO CON LIMOSNA DEL FINADO PçRROCO D. CLEMENTE GONZçLEZÓ
Nela se representa en relevo a Deus, co Triángulo e a cara do Pai, inserto na gloria, e baixo él dous anxos que verten o Sangue dun cáliz sobre as lapas nas que hai dous grupos de almas.
Segundo se entra na igrexa, ao fondo da nave, sobre un marco de mármore, está a imaxe do Cristo da Boa Vitoria. É unha imaxe de Cristo morto na cruz, suspendido por tres cravos e cun fermoso pano de pureza que presenta un gran traballo de encaixe no seu borde.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA006.pdf (Páxina 1)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1209144772Lonxitude: -8.51308465004
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84